Lembranzas
![]()
Co paso dos anos un tenta lembrarse de cómo ou por que se achegou o Nobre Arte, de cómo por primeira vez decidiuse a poñer uns luvas de Boxeo, de cómo casi sendo aínda un neno soubo mirar e descifrar a aqueles homes que loitaba sen armas coas súas mans por orguio e forza por nobreza e sacrificio, quizais metáfora da vida do dia a dia.
¿Cómo esquecer cando un literalmente fuxía da casa agachando os meus guantes novos, baratos nunca mochila do colexio? Ata dous anos despois os meus pais non souberon que xa boxeaba. Ía no autobús a uns 20 Km do meu lar so coa idea de aproveitar esas horas de ximnasio de ser quen de aprende-lo todo e de chegar moi lonxe no deporte máis nobre que o home poida facer. Facíao coa incertudume de non saber se o vindeiro mes podería paga-las clases do ximnasio.
De cómo con intelixencia decátataste de que hai que ter cabeza; que non so é tirar mans rápidas senón que hai que mandalas con senso, de cómo un vai aprendendo a esquivar os golpes que veñen e o máis importante como saca proveito deses acertos para colocar os seus.
Serame imposible de esquecer a moita xente que coñecín neste mundiño, non falo de grandes boxeadores profesionais os que algún coñecín senon de xente sincela cos que compartín horas, coñecementos e moitos intres coas mans engaioladas nos meus guantes de polipiel negros como os que levaba Rocky Marciano naqueles videos antergos en branco en negro que aínda conservo na casa. Persoas que moitos años despois seguen saudándote e agarimándote como cando eras o neno do gimnasio aínda que os anos pasaron e todo cambiou demasiado.
De aqueles
combates que un miraba como os mellores que pudera ver no mundo do meu veciño
Pedro Ferradás un profesional dos grandes e dos pes a cabeza que asistido por Amoedo tropezou unha
e outra vez con aquela muraia, dura como a de Lugo que se chamaba Anatholy
Alexandrov dúas veces perdeu o campeonato de Europa que se dúbida se merecía
posuir. Eu
tiña pouco mais de 15 ou 16 anos e aínda que levaba pouco tempo nesto decateime que Pedro ía perder e a rabia cando se consumou era tan forte coma se fose
para min unha sorpresa maiúscula.
Pequenos malentendidos con algun afamado preparador destes “mais papistas co
papa” que aínda sendo un raparigo o carácter xa era xenuíno e despois de agantar
as burlas de aquel “home sabio” fronte os seus fieis lacaios seguín firme e o
tempo deume a razón. Sei que dez anos despois ainda ferve esa ferida a este
profesional e constame que sempre tenta fuxir de esta anécdota, e xamais me
agantará a mirada por que con 16 xa era mais forte ca él.
Tampouco poderei esquecer a vellas glorias galegas de esas que estiveron fortes poñéndollo complicado os primeira clase do mundo. Quizais por con base a esas historias espertou en min a curiosidade de coñecer e saber mais sobre a historia amplísima deste deporte. De cando esciotaba ensimismado as historias de “Pantera” Rodríguez, de cómo disfrutei dos combates de Lee Manuel, Luis Pico, Jorge Araujo… Desa época tamén o disgusto o borde das bágoas da derrota de Castillejo fronte Julio César Vasquez, de como Poli foise indo como 1º serie ante Whitaker, de Jose Luis Navarro, de Javier Campanario e outros que aí estiveron mentres algún votabamos o resto no ximnasio.
E dende
sempre interesado en coñecer os principios deste deporte no mundo e tamén en
Galiza, ¿Cómo nunca tivemos un campeón mundial nin sequera de Europa cando por
natureza somos fortes,
nobres e sacrificados os galegos? Endexamais o entendín.
Sempre
busquei datos que localizaran o principo do boxeo aquí, pero Galicia sufrui
moita represión na sua historia e e moi complicado atopar esta información, por
que sempre nos fixeron ir a cola do resto e foise moito nas fogueiras dos que
nos pisaron por decenios.
Hoxe cada semán cando conduzo a carón da ria de Vigo o mirar a Illa de San Simón que foi quen de namorar o finado Vázquez Montalban sempre me lembro daquel púxil que estivo ali preso na guerra civil cando a illa era un Lazareto, unha cadea como Alcatraz pero á galega. Era de Bamio (Vilagarcia de Arousa) e compartiu cela cun tio avó lonxano meu, pode ser o dato mais antigo de verdade que coñeza, o curioso e que estivo moitos anos preso por baterlle a un policía cando foron a súa casa a rexistrala despois dunha denuncia dalgún “amigo”, debeu morrer na illa nus tempos difíciles para todos.
Son o fin e o cabo lembranzas dunha actividade que marcou o resto da miña vida. Meus pais nunca me apoiaron no meu deporte. Os dezanove anos deixei de competir. Un recoñecemento médico dixo que ata ali chegaran os meus logros no ring, primeiro bo puxil cos cabelos longos... un nunca deixa de ser boxeador, o boxeo dache mais do que lle pides dache cousas máis axiña do que llas pides e máis axiña do que podes entende-las e xamáis as perdes. A nobreza na vida, o autocontrol, a humanidade o orguio a cabalerosidade e o sacrificio ninguén cho poderá quitar endexamais e mentres un escribe estas palabras, os cinturóns de campeón que os poñan outros que un non será menos boxeador por ter quedado no camiño. O boxeo vive en ti; e eu en Galicia.
Manuel Lino.
17 de Maio, DIA DAS LETRAS GALEGAS